Thursday 09 de May de 2024

Os trámites urbanísticos xa son telemáticos en Cariño


• O Concello publica unha ordenanza que establece o marco para que a poboación poida realizar comunicacións previas de obras menores, primeira ocupación e actividades a través da páxina web.

Os trámites urbanísticos xa poden realizarse de maneira telemática no Concello de Cariño desde hai uns días. No territorio cariñés xa está vixente a modificación da Ordenanza reguladora dás comunicacións previas en obras e actividades, que dá soporte a esta posibilidade. Deste xeito, aséntase un avance no servizo, que ofrece unha maior comodidade e unha axilización das xestións nesta área para os veciños e veciñas da localidade.

A partir da Nova Ordenanza de Comunicación Previas e Declaracións Responsables, o Concello de Cariño establece un marco legal para que a poboación poida solicitar obras menores, primeira ocupación e actividades urbanísticas a través da páxina web a partir de comunicacións previas.

En concreto, ao dispor dos veciños e veciñas está o anexo para a execución de obras que precisan técnico competente para a súa tramitación, as intervencións que non o necesitan, a execución de peches e valados ou cuestións relacionadas coas actividades, como o inicio ou a apertura dun establecemento, o cambio de titularidade ou a comunicación de actividades recreativas e establecementos públicos, así como as solicitudes de primeira ocupación.

Deste xeito, o servizo de petición de comunicacións previas para actuacións urbanísticas súmase a outras moitas posibilidades de tramitación burocrática xa definidas na Sede electrónica do municipio.
“Con esta ordenanza pechamos un avance importante en canto a burocracia. É fundamental adaptarnos ás posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía e permitir á nosa xente aforrar tempo e custos nas solicitudes e presentación de documentación”, apunta a alcaldesa, Ana María López.

Deja un comentario